Un festival que nace no 2010 e que debe o seu nome ao feito de que se celebra nos terreos que conquistou para o comunal o valo construído polos veciños de Manselle.
Un evento que naceu con vocación de por en valor e desfrutar a música contemporánea e tradicional en Galego, sobre todo da comarca do Sar, e polo que pasaron grupos tan marabillosos como Ruxe Ruxe ou Labregos no Tempo dos Sputniks.
Un festival artellado polos veciños e veciñas da aldea, sen moitas ambicións pero con moita dignidade, e sobre todo, con moito bo facer!!
Nesta edición o FESTIVALO 24 contará coas seguintes actuacións:
- Ás 17h a agrupación folclórica “FOLIADA DO MONTIÑO” dará un pasarrúas pola aldea de Manselle para abrir o festival de música.
- Ás 18h XURXO SOUTO presentará o seu libro “Somos un pobo de artistas, o método Luísa Villalta”
- Ás 21h actuará o grupo “SATENTA” os reis do punk do Baixo Ulla.
- “MARUXA E CORALIA” as Djs e produtoras musicais do momento pincharán ás 22h aproximadamente.
- Pecharán o Festivalo 24 o equipo local, os indiscutibles… arredor das 23h “PECHA A CANSELA”
- Haberá actuación sorpresa en calquera momento e todos os que queiran participar no mesmo, recitando, cantando ou contando calquera sucedido terá a disposición un pequeno escenario.
Este ano o FESTIVALO 24 conta con DOUS ESCENARIOS, un escenario principal para os grupos de rock e outro mais pequeno chamado “Escenario Sernanselle” onde se realizará a presentación do libro de Xurxo Souto, a actuación das Djs “Maruxa e Coralia” e calquera outra actuación sorpresa.
Tamén estará unha “Food Truck” con menú vegano, tostas, pizzas, etc ademais de cerveza ecolóxica e que terá tamén unha terraza para sentarse a desfrutar dos seus produtos.