A Xunta participa na inauguración da VII Feira de Asociacións de Ámbito Social de Lugo

por Redacción Lugo

A Xunta participou hoxe na inauguración da VII Feira de Asociacións de ámbito social de Lugo, organizada pola federación de agrupacións Fadas. A xornada celébrase na praza Maior e serve para visibilizar as actuacións e proxectos que realizan os colectivos asociados. 

O director territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, Óscar Viñas, puxo en valor o seu traballo en favor da inclusión e da mellora das condicións de vida de todas as persoas. Afirmou que o Goberno galego convoca axudas anuais para apoiar o labor das entidades que desenvolven programas sociais e destacou que neste momento hai dúas convocatorias en prazo de solicitude.

Por unha banda, a Consellería de Política Social e Igualdade ten activada unha orde dotada con 27,8 M€ para financiar actuacións nos eidos da protección da infancia, atención a persoas maiores ou con discapacidade, inclusión social, promoción da igualdade ou a prevención da violencia de xénero. Por outro lado, as entidades xuvenís e as de voluntariado poden acceder ás subvencións convocadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para apoiar as súas accións. Esta orde está dotada con 1,4 M€ e, como novidade, este ano incorpora dúas novas liñas para acondicionar locais e para adquirir equipamento e material.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario