As actuacións para acondicionar esta vía contaron cun investimento da institución provincial de 192.632€ e consistiron na limpeza dos laterais, obras de drenaxe, mellora do firme e a sinalización. A empresa encargada das actuacións é OVISA Pavimentos e Obras SLU e o prazo de execución é de dúas semanas.
Trátase dunha actuación importante porque esta estrada dá servizo a varios núcleos de poboación e diferentes parroquias situadas entre os concellos de Lugo e Guntín, así como a diferentes empresas asentadas no territorio. E tamén porque estas obras se enmarcan no compromiso da institución provincial coa mellora das conexións entre ambos municipios como as que xa se acometeron na LU-P-2901 e que contaron cun investimento doutros 350.000€ da Deputación.