Maite Ferreiro destaca o «importante peso» da cultura tradicional galega na programación do San Froilán 2024

por 21 Noticias

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou as actividades relacionadas coa cultura tradicional galega organizadas dentro do San Froilán 2023. Maite Ferreiro afirmou que «a cultura tradicional galega é protagonista un ano máis da gran festa do outono galego cunha gran selección de actividades de calidade para achegar a toda a veciñanza as distintas expresións culturais que se continúan a manter e recuperar nos nosos días».

Maite Ferreiro presentou, xunto con integrantes das distintas asociacións culturais implicadas no programa do San Froilán, entre as que se atopaban Cántigas e Frores, responsábeis do XXII Festival de Música Tradicional; a asociación Oxeito, organizadores da Verbena Galega D’antes; ou a Asociación de Gaiteiros Galegos, que organiza a XXVI Mostra de Música Tradicional Galega do Domingo das Mozas, que animará as rúas do casco histórico con máis dunha ducia de agrupacións tradicionais.

Ferreiro destacou que a cultura tradicional galega conta, como cada ano, cun «importante peso» na programación das festas. «Como administración, é o noso deber traballar na conservación e promoción dos nosos elementos culturais máis relevantes».

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario