O Instituto de Estudos Ulloáns organiza a Mesa redonda «Acollida aos refuxiados

por 21 Noticias

O próximo venres 4 de outubro ás19,00 h terá lugar, no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Monterroso, a  Mesa redonda «Acollida aos refuxiados»  organizada polo Instituto de Estudos Ulloáns (IEU), que se une ás asociacións deportivas e culturais monterrosinas que están mostrando os seu apoio aos inmigrantes acollidos recentemente na vila. 

     Na Mesa redonda contarase cos intervencións de:

   – Mª Isabel Rodríguez López, Subdelegada do Goberno en Lugo

   –Catalina Trobal Sbert, coordinadora do dispositivo de Axuda Humanitaria en Monterroso

   –Francisco Pardo Teijeiro, presidente do IEU

   -Braulio Vilariño Varela, coordinador do IEU.

Finalizará o acto cunha quenda de preguntas na que foi invitada a participar, entre o público asistente, a unha representación dos inmigrantes acollidos en Monterroso.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario