16.000 reproducións da entrevista a Iago Toba Campaña, sobre a moción de censura pactada no municipio de Muxía por PP, BNG e independentes

por 21 Noticias

Foi publicada ás 20:00 de onte, mércores 2 de outubro, no perfil persoal do socialista en Facebook. Publicaranse previamente dous avances que suman outras 30.000 reproducións en total.

“Estas decenas de miles de reproducións demostran o interese xerado pola entrevista, na que se desvelan os verdadeiros intereses detrás desta moción de censura”, sinala Iago Toba.

O socialista pregúntase “por que non fan público o acordo que fixeron a tres partes”. “Primeiro negaron que houbese un acordo, tomando á xente por tonta, porque teñen medo de que a letra pequena dese acordo poña en risco a súa viabilidade”, engade.

Na entrevista, o alcalde socialista lamenta que “o BNG é especialista en poñer ao PP no goberno”. “O BNG firmou deste xeito dúas cousas á vez, a moción de censura e a súa desaparición”, afirma.

Sobre o Partido Popular, Toba sinala que “o PP de Sandra Vilela está en decadencia en Muxía” e “non ve máis oportunidades que alongar esa agonía captando un soldo e estando no poder durante un tempo, porque ela sabe que non vai ser alcaldesa nunca”.

En referencia a Independentes por Muxía, o socialista sinala que estes son “os brazos executores dos seus promotores”. “Se a xente quixese que Francisco Javier Sar fose alcalde o terían votado, pero só teñen dous concelleiros”, critica.

Iago Toba conclúe destacando “a inmensa honra que é ser alcalde de Muxía e traballar para a veciñanza”. “Valeu totalmente a pena, estou inmensamente agradecido ao meu equipo polo seu traballo e dedicación e a toda a veciñanza de Muxía polo seu cariño e o seu apoio”, remata.

A entrevista completa pode ser visualizada en Facebook na seguinte ligazón:

https://www.facebook.com/1462417722/videos/1980153222446653

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario