O CITIC avanza no proxecto europeo Design2Freedom en Eslovaquia e perfila a formación de decembro na UDC

por Redacción A Coruña

A próxima fase do proxecto terá lugar na Coruña a principios do  mes de decembro

O CITIC da Universidade da Coruña, en colaboración coa Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE) e outras entidades socias europeas, continúa co seu compromiso coa inclusión social e a accesibilidade mediante o proxecto  europeo «Design to Freedom» (D2F).

Neste contexto, as investigadoras da UDC, María del Carmen Miranda Duro e Betania Groba González, participaron recentemente nunha xornada de traballo celebrada na cidade eslovaca de Košice, organizada en conxunto coa Universidade Técnica de Košice (TUKE) e outros colaboradores europeos, co obxectivo de promover boas prácticas en modelos centrados nas persoas, así como de explorar novas solucións tecnolóxicas para a inclusión das persoas con discapacidade.

Durante esta cita, a UDC e COCEMFE lideraron unha sesión de traballo onde se discutiron a estrutura e as temáticas da próxima fase do proxecto, denominada LTT2, que se celebrará na Coruña a principios do  mes de decembro. Esta formación, denominada “Inclusive Design Lab”, achegará a accesibilidade e as tecnoloxías de apoio e o deseño centrado na persoa con discapacidade para  crear solucións innovadoras.

Ademais, nestas reunións de traballo establecéronse os roles de cada socio e determináronse as ferramentas comúns para o procedemento e a avaliación.

No seu conxunto, as xornadas serviron para consolidar a colaboración entre as entidades europeas participantes e reforzar o seu compromiso coa inclusión.

O proxecto “Design2Freedom” está financiado polo Programa Erasmus Plus e cofinanciado pola Comisión Europea cun orzamento de 250.000 €, dos cales a Universidade da Coruña conta con 48.050 €.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario