O CP Conxuro organiza o Campionato III Fase de Niveis (Niveis 1 ó >> 3) da zona Norte, campionato que se vai celebrar no pavillón Municpal da Laracha, este sábado día 5 de outubro desde as 10:00 ata as 13:30 e 16:00 a 19:30 horas.
Trátase dunha proba federativa oficial á que acudirán preto de cento cincuenta patinadores da provicia da Coruña, donde executarán o seu programa para intentar acadar o seguinte nivel
Tomarán parte no evento trece clubs de patinaxe de toda a provincia, en concreto Escola Lubiáns, Enxebre, CP Buxaina, Club Patiart, CP Aura, Club Deportivo Fervello, CPA Inercia, CPA As Pontes, CP Lenda, CPA O Corgo, CP Alquimia, CPA Costa da Morte e o clube organizador, CP Conxuro A Laracha.