- Dende o Grupo Popular culpa directamente a Efrén Castro da “penosa imaxe” que se transmitiu onte de Lugo: “o nome de Lugo é titular en España por unha noticia moi mala da que o único responsable é Efrén Castro por levar máis de 5 anos negándose a asumir e solucionar os problemas do Pazo”
- Dende o PP recordan que a necesidade de renovar a cuberta “non é algo novo, xa que os problemas de goteiras e condensación levan anos sendo unha triste realidade de todos os equipos que adestran e xogan no Pazo, pero Efrén Castro sempre buscou escusas para non acometer unha obra que hai anos que se tería que ter realizado”
- Antonio Ameijide tamén recorda que hai que solucionar outros problemas moi preocupantes, como o da climatización, entre outros: “se dende o BNG dedicaran a traballar por solucionar os problemas do Pazo o mesmo tempo e enerxía que puxeron en buscar escusas hoxe non teríamos que lamentar a suspensión dun encontro da Liga ACB polas goteiras”