Elena Candia continua a súa axenda de traballo cos colexios profesionais, o último encontro foi cos representantes do Colexio de Arquitectos
- A voceira do Grupo Popular Elena Candia explicou que o Concello debe ser unha administración colaboradora e, nese senso, reivindica a atención presencial no departamento de urbanismo, xa que o servizo telefónico non é áxil nin resolve moitas das consultas técnicas formuladas. Ademais, queren que se poidan facer consultas sen necesidade de ter un expediente aberto.
- Outras demandas que se puxeron riba da mesa neste encontro cos representantes dos arquitectos é a de unificar criterios interpretativos. Coincidimos coa preocupación deste colectivo que demandan que o Concello estableza criterios claros e públicos para interpretar a normativa urbanística, para evitar confusións e incertezas tanto entre os profesionais como entre os cidadáns. Suxírese a creación dunha Unidade de Interpretación de criterios urbanísticos, que facilitaría a aplicación correcta das normas.
- Dende o COAG tamén reclaman ter a disposición un PXOM máis accesible , lexible e completo na procura de facilitar o traballo dos técnicos.
- Tamén reclaman reformar a contratación pública e propoñen que os concursos públicos non se adxudiquen só en función do prezo máis baixo; outra das reivindicacións destes profesionais é a da actualización do planeamento obsoleto, entre outros documentos urxen a que se revise o PEPRI.