“Colección Romántica” chega ao Salón Teatro de Lalín o 8 de novembro

por Redacción Pontevedra

Unha coidada selección de temas, pensada para crear unha experiencia emocional inspirada pola música. Unha viaxe máxica, onde se mima cada canción, para conectar co público a través de letras e melodías que farán fluír as nosas emocións.

A cita, será a partir das 20:30 horas e podes reservar a túa butaca a través do mail coleccionromantica@gmail.com, indicando o teu nome e número de asentos a reservar. Tamén podes realizar a reserva a través do formulario —> https://tinyurl.com/RESERVADEASENTOS.

Entrada por sistema de TAQUILLA INVERSA: Unha vez feita a reserva, enviarenos instruccións de acceso ao auditorio. Ao remate do concerto tí decides, de maneira voluntaria, canto pagar.

MÁIS INFO AQUÍ https://tinyurl.com/SALONTEATROLALIN

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario