Presentación das memorias de Domingo Quiroga na prisión provincial da Coruña

por Redacción A Coruña

Este xoves, 10 de outubro, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica presenta no CEIDA o libro: “Os anos de guerra e a prisión provincial da Coruña. Memorias dun recluso: Domingo Quiroga Ríos”, que ten como principal protagonista ao xornalista Domingo Quiroga, que da nome á nosa biblioteca e centro de documentación ambiental.

Domingo Quiroga Ríos foi experto en medio mariño e pesca, chegando a ser nomeado oficial de pesca pola FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura). Colaborou na fundación de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia), da que foi o seu primeiro presidente.

O libro, coordinado polo historiador Luis Lamela, narra unha das épocas máis duras da súa vida: a estancia durante casi dous anos no cárcere provincial de A Coruña. Alí coincidiu cun trío de mozos, José Díaz Edreira, Enrique Pérez Martínez e Eduardo Torrón Cabezas, individuos encerrados nun cárcere na que a morte non acababa nunca e desde onde escoitaban descargas de fusilería e tiros de graza; illados. Alí, naquel amurallado cárcere, próxima á Torre de Hércules, permaneceron encerrados máis de cincocentos presos políticos.

O acto terá lugar ás 19 horas nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora (Rúa Casares Quiroga, 29, Liáns, Oleiros), actual sede do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario