O BNG presenta este venres día 11 de outubro o cómic «Queremos vida. Queremos futuro» no centro sociocultural de Monterroso

por 21 Noticias

Para esta presentación contarán coa presenza do autor do cómic, Carlos Vila, da responsábel de ecoloxismo da executiva nacional do Bng , Olaia Ledo e da deputada no parlamento galego, Olalla Rodil.

O autor fala das mentiras que se están a difundir sobre a instalación da macrocelulosa así como das desvantaxes que esta instalación terá na zona da Ulloa e das comarcas por onde o río Ulla ten o se percorrido.

Falase neste cómic tamén do impacto tanto territorial como medioambiental e socioeconómico que esa instalación tería. E da defensa dunha proposta alternativa para a dinamización da Ulloa, Terra de Melide e Alto Ulla, en definitiva da defensa dun medio e dun rural vivos, produtivos e con futuro.

A deputada Olalla Rodil pídelle «ao goberno do PP que non impoña a construción da macrocelulosa na Ulloa,» e tamén lle pide » que non despreze á poboación que se opón a este proxecto, desprezo a máis de 20,000 persoas que co seu nome e apelido se opoñen a esta bomba ambiental» este desprezo do goberno galego é a xente deste país e ao seu medio de vida.

Dende o BNG sabemos cal é o modelo de industria, modelo de desenvolvemento social e económico que ten o PP para este país . O Bng ten un modelo de país moi claro «un modelo baseado nos recursos propios , no peche de ciclos produtivos, na xeración de valor engadido das producións especialmente aquelas de base local» rematou Olalla Rodil

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario