A competición forma parte do calendario da Federación Hípica Galega.
Este sábado celébrase o Concurso de Salto de Obstáculos Territorial Cidade da Coruña nas instalacións ecuestres da Real Sociedad Deportiva Hípica da Coruña en Figueroa (Abegondo – A Coruña). A competición está organizada pola RSD Hípica da Coruña coa colaboración do Concello.
O Goberno de Inés Rey apoia as diferentes iniciativas deportivas que parten das entidades locais, así como os grandes campionatos que reúnen a un gran número de participantes. A competición reunirá aproximadamente a cen xinetes coas súas respectivas monturas, na súa maioría participantes femininas que disputarán ata cinco probas diferentes.
O horario da competición vai desde as 10.00 da mañá, momento no que iniciarase a proba de 0,50 m. ata a súa finalización, trala que terá lugar a entrega de premios e escarapelas aos 3 primeiros clasificados de cada proba. Entregarase un premio a todos/as os/as participantes dos 0,50 m. O concurso forma parte do calendario oficial da Federación Hípica Galega.