O PP agradece o apoio de colectivos e persoas anónimas nas accións para reivindicar a súa apertura «a presión tivo o seu efecto: conseguímolo entre todos»

por 21 Noticias

Os populares celebran que, por fin, tras 4 anos e medio de espera se abra esta infraestrutura ao público.

O PP agradece aos colectivos e veciños anónimos “que nos arrouparon nos últimos meses nas accións de reivindicación promovidas polo Grupo Municipal” reflexionando “parece que a presión tivo efecto” en alusión as mensaxes permanentes que se colocaron en vallas, actos de protesta diante do auditorio, reunións veciñais e iniciativas a pleno e comisións.

Dado que a primeira actuación no recinto xa está confirmada, cumprindo así unha das demandas máis reiteradas pola veciñanza, o  Grupo Popular manifestou o seu desexo de que o anuncio da  inauguración do Auditorio de Magoi, non sexa un “ABRÍMOLO HOXE e PECHÁMOLO MAÑÁ. Reivindicamos unha programación estable e un modelo de xestión sólido para que o Auditorio de Magoi sexa un espazo cultural vivo e útil para os lucenses.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario