Atopámonos ante as consecuencias do terceiro revés xudicial de gran calado da sra. Alvarellos co beneplácito do seu compañeiro de goberno, o BNG.
· Para o Partido Popular «o goberno local non está á altura das circunstancias na crise aberta na gardería municipal» explicando como «fixeron caso omiso da acta do Comité de Acoso (ano 2022) que obrigaba a adoptar medidas; incumpriron a instrución dun decreto que asinou Paula Alvarellos en setembro de 2016, e desoíron as advertencias das traballadoras da gardería que o pasado 2 de setembro lles previñían do que ía acontecer»
· Dende o Grupo Popular puxéronse a disposición de traballadoras e pais e informaron a través dun escrito, que está no taboleiro da propia gardería, dos pasos que a agrupación está a dar para contribuír a que «haxa unha información clara e transparente e que de maneira urxente se adopten as medidas necesarias para que a calidade do servizo e a tranquilidade dos usuarios sexa o primeiro»
· É alarmante que teñamos un goberno ausente nun tema como este «tendo en conta que estamos a falar dun servizo que atende a nenos e nenas de cero a tres anos de idade»
· Estamos ante unha nova mostra da falta de xestión de PSOE e BNG no equipo de Goberno, que ven unha vez tras outra como os xulgados lles obrigan a rectificar nas súas decisións ou lles marcan as pautas que deben seguir. Neste caso, xulgalizado dende hai anos, o goberno municipal pecou de abandono e desidia, sendo incapaz de adiantarse á situación e deixando que os acontecementos tomasen o seu curso sen tomar ningunha medida para garantir un correcto servizo na gardería municipal Gregorio Sanz, algo esencial e importantísimo para a nosa cidade.