Estrea do film “PRAESAGIUM” en A Guarda este próximo sábado

por Redacción Pontevedra

BoscoVision ProduCinema (productora de cine amateur e independiente, sen grandes medios económicos) estrea en A Guarda a súa película nº 201, que foi rodado en Galicia (Vigo, A Guarda, A Merca, Ourense e Santiago de Compostela) que se titula: “PRAESAGIUM”, dentro da celebración dos 30 anos de BoscoVision ProduCinema (1993 -2023), un cine de xóvenes para xóvenes e que ten por lema “A vida vista con arte”.

PRAESAGIUM”, película de cine amateur, interpretada por xóvenes e adultos de A Guarda, Vigo,  Ponteareas, Ourense e Santiago de Compostela.

Sinopsis

Trata o tema dunha moza que ten unha premonición, un soño que se repite no que lembra unha moza que se parece a ela, pero que pertence ao século XVI. Baseado nun feito real dun pobo mariñeiro de Galicia, onde atopouse un crucifixo no ano 1580, con licencia cinematográfica, a moza actual vese reflectida na que descubriu o madeiro entre as rochas da praia.

Reparto artístico que participa nesta película: Zaida González, Patri Rico e Hugo Pino (de Ponteareas);  Roi López e Jorge Asenjo (de Ourense);  Anxo Aldea, Xiana Aldea, Juanjo Aldea e Sofía González (de A Guarda); Charo Baleirón (de Santiago de Compostela);  Marimar Franco, Manuel Losada, Antonio Losada e Antonio Pires (de Vigo). E coa voz en off do narrador de Juan Lago (periodista radiofónico) e dirixidos polo director de cine vigués Angel Fernández Prado.

Como anécdota do rodaxe, esta película rodouse cada escena tanto en castelan coma en galego á mesma vez. Nesta ocasión estréase en A Guarda a versión galega. É de agradecer a colaboración do párroco D.Juanjo González que nos deu facilidades para rodar dentro dos templos, así como a elaboración do madeiro que sae na película. Tamén é de aqradecer a colaboración do Concello de A Guarda.

Para máis información poñerse en contacto con Angel (628 42 64 92) ou Juanjo (638 82 30 88)

Pódese facer entrevistas aos xóvenes e non tan xóvenes actores e actrices do film.

Película “PRAESAGIUM”. (BoscoVision ProduCinema, Galicia, España 2023) en VERSION GALEGA

Lugar: Centro cultural de A Guarda

Día: Sábado 19 de OUTUBRO de 2024

Hora: 20,00 de la tardeEntrada gratuita ata encher aforo

(Asiste equipo artístico e técnico do film)

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario