Javier Arias: «O Concello de Lugo era coñecedor dos problemas de verteduras de augas no barro de Casás, son anteriores a construción do aparcadoiro da Xunta»

por 21 Noticias

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou hoxe que os problemas derivados das verteduras de augas pluviais na rúa Monte Pena Rubia, no barrio de Casás, rexistrábanse con anterioridade á construción do aparcadoiro disuasorio da Xunta de Galicia na avenida Breogán e fóra da zona na que se actuou.

«Estamos unha vez máis ante a típica demagoxia do BNG, que quere botar balóns fóra e atribuír á Xunta os problemas causados pola súa propia ineficacia»

Javier Arias lembra que o Goberno autonómico elaborou un informe técnico, que remitiu ao Concello de Lugo o pasado 21 de decembro, informando de que o leito provinte dende augas arriba da rúa Orquídea discorría ao longo da zona na que se estaba a construír o aparcadoiro e chegaba á rúa Monte Pena Rubia, na que non existía -e segue sen facelo- ningunha tipoloxía de obra de drenaxe transversal, o que provoca que as augas crucen por enriba do propio vial.

No escrito alertábase das afeccións que esa ausencia de drenaxe podía orixinar tanto na rúa como no noiro da mesma, así como das consecuentes molestias para os viandantes e vehículos que discorren por esa vía, que se ven agravadas nos días de choiva.

«Hai case un ano que o Concello recibiu o informe e, polo tanto, son máis que coñecedores da situación pero nin nos deron resposta nin levaron a cabo actuación algunha para emendar os problemas de drenaxe detectados», di o delegado.

«Seguen ignorando ao barrio de Casás e por riba tentan achacarnos os problemas derivados da súa falta de xestión»

Pese a tratarse dunha cuestión municipal, desde a Xunta se trasladou aos técnicos do goberno local lucense a posibilidade de colaborar para solucionar a problema, sen obter tampouco resposta.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario