O Rally San Froilán se celebrara esta fin de semana en Lugo co apoio da Xunta

por 21 Noticias

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da edición número 46 do Rally San Froilán, que se celebrará esta fin de semana en Lugo e conta co apoio do Goberno galego a través da Secretaría Xeral para o Deporte.

A competición, que organiza a Escudería Miño, porá o punto final ao Campionato Xunta de Galicia de Rallys, que se vén disputando desde o mes de marzo en distintos puntos da xeografía galega.

rally lucense suma máis de 150 vehículos inscritos; o percorrido divídese en dúas etapas, o venres e o sábado, e discorrerá por estradas de Lugo, Outeiro de Rei, O Corgo, Láncara, O Páramo e Sarria. O parque pechado estará ata o domingo día 20 na avenida de Ramón Ferreiro.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario