● O presidente do PPdeG apela ao ciclo electoral de vitorias na provincia de Pontevedra e ás 27 alcaldías acadadas para animalos a seguir mellorando de cara ás vindeiras eleccións municipais
● Reivindica o seu compromiso de acadar un financiamento municipal xusto e de negociar un novo modelo de financiamento autonómico fronte ao dun Goberno central que só se dedica a atender as demandas dunha minoría en detrimento dos concellos e das comunidades gobernadas polo PP
● Luis López considera que os 27 alcaldes, os 6 deputados e senadores nacionais e os 11 deputados autonómicos que representan á provincia reflicten que Pontevedra aporta liderado, ganas, traballo e ilusión