Luis Menor: “A diagnose da provincia require dunha intensa colaboración público-privada, como entre a Deputación e ACO”

por Redacción Ourense
DIÁLOGOS POLO FUTURO DA ECONOMÍA OURENSÁ. O presidente provincial, Luis Menor, participa nos “Diálogos polo futuro da economía ourensá”, organizados pola Asociación de Construtores de Ourense, e acompañado do seu presidente, Santiago Ferreiro Perez.

Á hora de falar da actividade do sector, Menor expresou a “imperiosa necesidade” que ten a cidade de Ourense para contar cun PXOM, “que ofreza seguridade xurídica aos inversores”, un novo escenario que tamén “redundaría en beneficio da provincia”.

O presidente provincial, Luis Menor, foi esta mañá o protagonista dos “Diálogos polo futuro da economía ourensá”, iniciativa divulgativa e de debate que organiza a Asociación de Empresarios da Construción de Ourense (ACO), presidida por Santiago Ferreiro, quen foi o encargado de darlle a benvida ao titular da Deputación.

Ademais de felicitar a ACO por esta iniciativa, Menor puxo en valor ao sector como “un dos máis importantes de calquera economía”, así como “tractor de moitas actividades”. Precisamente, á hora de falar da actividade do sector, Luis Menor expresou a “imperiosa necesidade” que ten a cidade de Ourense para contar cun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), “que ofreza seguridade xurídica aos inversores para construír máis vivenda e crear novos servizos e infraestruturas”, un novo escenario que tamén redundaría en beneficio da provincia”. 

De colaboración institucional tamén falou o presidente provincial e recalcou que a diagnose da provincia require “dunha intensa colaboración público-privada como entre a Deputación e ACO”, recalcando que a relación constante entre administración e empresas dá lugar á necesaria colaboración institucional público-privada. Grazas a esa relación “xurdiron iniciativas de cooperación para formación que axudan a paliar a falta de man de obra que padece o sector”.

A importancia da cooperación

Relatou Luis Menor as claves do presente mandato provincial, co obxectivo claro e decidido de implantar un novo modelo de financiamento na Deputación para “fortalecer a cooperación cos concellos e mancomunidades, pero tamén cos axentes económicos e sociais”.Explicou os detalles do Plan CooperOU, con 17 millóns de euros no seu primeiro ano de vixencia e que permitirán aos municipios e mancomunidades “traballar potenciando a planificación”, contando, ademais, “con autonomía para a contratación de obras, o que redundaráen carga de traballo para as pequenas empresas espalladas pola provincia”. 

Citou tamén outras iniciativas como o aumento dos recursos paramantemento e mellora de estradas provinciais; o proxecto “Ou-intelixente” para a dixitalización do ciclo da auga, o cofinanciamento de proxectos de mellora en seis campos de fútbol; ou a achega para equipamentos sociais en 16 centros de atención a maiores.

Tomando como base o Plan CooperOU e as modificacións de crédito aprobadas  nestes 15 meses de Goberno Provincial, destacou LuisMenor, “superaremos os 35 millóns de euros de financiamento directo ás entidades locais, unha cifra inédita ata o momento na Deputación de Ourense e alcanzando o 100% dos concellos e mancomunidades da provincia”.

Quixo ter Luis Menor un apartado especial na súa intervención para algo que considera esencial: o desenvolvemento das áreas industriais da provincia en máxima colaboración coa Xunta de Galicia. Neste aspecto, relatou o intenso traballo para facer realidade a ampliación e mellora dos parques empresariais existentes, facilitando a creación de novos espazos, “xunto coa demanda da estación de mercadorías de San Cibrao”. 

Neste senso, relatou tamén a importancia do traballo que leva a cabo a Deputación para “potenciar todos aqueles factores do noso territorio que nos fan singulares”, tales como o termalismo, o AVE ou o Camiño Xacobeo, con especial atención á Vía da Prata- Camiño Mozárabe.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario