Katy Varela pedirá a unanimidade do pleno de Monforte para esixir ao Goberno do Estado a chegada do AVE á provincia de Lugo

por Redacción Lugo

Katy Varela afirma que a provincia de Lugo é «a máis illada de España» por mor das decisións do Goberno de Pedro Sánchez polo que «é fundamental que todas as forzas políticas nos unamos para reclamar o que é de xustiza para a nosa provincia e a nosa comarca»

“Lugo é a provincia máis illada de España”. Así de contundente se amosa a voceira do PP de Monforte, Katy Varela, que explica que ante esta situación se pedirá no vindeiro pleno a unanimidade de todos os grupos para reclamar ao Goberno do Estado que retome o proxecto para a chegada do AVE á provincia.

Katy Varela explica que “é necesario” que o Goberno central retome o proxecto de 2018 para que a provincia de Lugo e Monforte queden fóra do mapa do AVE, polo que consideramos que “José Tomé, tanto como alcalde como presidente da Deputación debe de defender que os monfortinos e os lucenses en xeral teñamos este servizo fundamental”.

Para todos os monfortinos “é moi importante o sector ferroviario dado o enorme impacto que tivo no noso municipio anos atrás” polo que “consideramos fundamental a chegada da Alta Velocidade ferroviaria para que este sector volva a ser un motor económico fundamental para a comarca”.

Katy Varela recorda que Monforte “era unha cidade clave” no trasporte de mercadorías e de persoas “pero nos últimos anos perdemos moita competitividade ante a negativa do Goberno de Pedro Sánchez a que o AVE chegase á provincia de Lugo mentres vemos como o resto de provincias galegas e as da contorna si que contan con este servizo”.

Dende o PP de Monforte recordan que cando gobernaba o Partido Popular en Madrid con Mariano Rajoy coma presidente “había un proxecto, prazos e partidas orzamentarias concretas” para que a chegada do AVE á provincia fose unha realidade, pero coa chegada do PSOE á Moncloa “todo iso desapareceu” e as variantes necesarias para que os trens poidan circular a alta velocidade pola provincia (Os Peares-Canabal e Rubián) “caeron no olvido”.

A discriminación que padece a provincia de Lugo por parte do Goberno central non so se ve reflectida no eido ferroviario, xa que outras infraestruturas fundamentais “xa que tampouco se sabe nada da autovía que debe de conectar Monforte con Ponferrada”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario