O PP  comparte coas axencias e guías turísticos propostas para mellorar a promoción de Lugo

por 21 Noticias

No  encontro de traballo que se celebrou hoxe analizamos cos representantes das axencias de turismo e as guías como mellorar e impulsar as estratexias para prolongar a estancia media e potenciar o municipio de Lugo como un destino atractivo.

Compartimos con estes profesionais que dende o Concello é preciso:

·        Potenciar as oportunidades que ofrece a ubicación de Lugo como lugar epicéntrico para abarcar toda provincia, así como recursos de gran valor fóra da mesma

·        Facer unha páxina web de turismo para ofrecer contidos dixitais atractivos e accesibles para cidadáns e visitantes

·        Maior coordinación coas axencias e guías turísticas para promoción de produtos locais coa idea de desestacionalizar e prolongar a estancia media

·        Mellorar a recepción e atención aos visitantes na oficina municipal de turismo así como valorar cambio de ubicación deste servizo municipal que na actualidade está na Praza do Campo

·        Mellorar o mantemento dos museos, onde as pantallas táctis levan anos sen funcionar

·        Promoción exterior e maior protagonismo na Feira de Turismo Interior de Valladoliz, Intur que se celebra no vindeiro mes

·        Por último, compartimos que se reforce a identidade do pequeno comercio  e coincidimos en que a agresividade das obras do centro están reducindo  o encanto e identidade da cidade.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario