Constituída unha plataforma veciñal no rural lucense para opoñerse á subida de impostos

por 21 Noticias

No comunicado, os promotores da plataforma veciñal, explican cales son os motivos polos que decidiron agruparse. «O rural do concello de Lugo leva anos a sufrir o abandono e o desleixo de quen ten a responsabilidade de atender ás necesidades dos veciños que habitan nas parroquias rurais do concello».

Explican que no rural «non temos fibra óptica nin cobertura, non temos transporte urbano, non hai saneamento ou auga corrente, temos pistas abandonadas dende fai anos, non se desbroza seguindo un calendario obxectivo e racional e estamos a sufrir a situación do servizo de urbanismo municipal, con retrasos de máis de dous anos de media en acadar unha licenza para poder construír ou ampliar casas, alpendres, peches ou naves».

Suba brutal dos impostos e taxas municipais

A pesares desta situación que marca unha enorme desigualdade entre os lucenses do rural e os lucenses do casco urbano, tivemos noticia da aprobación dunha suba brutal dos impostos e taxas municipais, que afecta decisivamente aos nosos intereses, sen ter ningunha información de que veña compensado cunha mellora significativa dos servizos enumerados anteriormente, que son totalmente insuficientes.

Pola necesidade de construír un rural con servizos, para poder ter un rural con futuro, pola imprescindible necesidade de mellorar e manter as infraestruturas existentes e porque estamos totalmente en contra de que o rural sufra unha subida masiva dos impostos e taxas municipais a pesares das carencias nos servizos básicos que ten que prestar o concello, decidimos constituírnos coma plataforma veciñal porque non queremos unha subida de impostos.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario