Luis Menor agradece ás mulleres rurais o seu labor «facendo e coidando Ourense desde o rural»

por 21 Noticias

A área recreativa de Sendín, no municipio de Monterrei, acolle durante toda a xornada o Día da Muller Rural, organizado pola Federación Provincial de Mulleres Rurais, FEMURO, e ao que asistiu o presidente provincial, Luis Menor, quen agradeceu a invitación a compartir esta xornada, pensada para poñer en valor «a contribución inmensa das mulleres galegas ao desenvolvemento económico da nosa terra».

Esta aposta por unha Galicia na que o rural siga vivo, na que a remuda xeracional sexa unha realidade e na que a muller siga sendo protagonista é, a xuizo de Luis Menor, grazas ás mulleres rurais, pois «históricamente fostes o gran motor e sustento da nosa terra, dos nosos fogares… E seguides sendo imprescindibles».

Ademáis de amosar o apoio da Deputación ás mulleres rurais, con iniciativas como o «8M, mes a mes» ou o «EmprendOU en feminino», dedicado a favorecer o emprendemento no rural de mulleres menores de 30 anos, Luis Menor deixou claro que «por manter viva a nosa provincia hai que darvos as grazas a todas as mulleres que adicades o voso día a día a construir e mellorar o rural ourensán».

PUBLICIDADE

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario