Esta medida xa se aplicou meses atrás na praza da Fonte de Santa Catalina, onde se dispuxeron novos listóns de pedra, en granito, máis adaptados á estética xeral da praza e que evitan esvaramentos en días de choiva.
Nas vindeiras semanas o Concello ten previsto acometer a substitución das tarimas de madeira existentes en diversos puntos da praza da Cormelana. O Goberno municipal decidiu cambialas por lousas de pedra pola súa durabilidade, mellor conservación e maior seguridade peonil.
Esta medida é semellante á que xa se executou este mesmo ano na praza da Fonte de Santa Catalina, onde, atendendo ás suxestións e demandas da cidadanía, o Concello actuou para retirar os antigos listóns de madeira, susceptibles de esvaramentos, para instalar novas pezas de pedra, en granito gris, que redundaron nunha mellora substancial para a seguridade das persoas transeúntes.
No caso da praza da Cormelana, que irá proximamente á comisión PEPRI, o Goberno municipal ten previsto reunirse previamente co persoal representante da hostalería da zona, co obxectivo de acordar un calendario de traballos que permita, na medida do posible, o desenvolvemento da súa actividade en paralelo á execución das melloras na praza, onde se concederon permisos para instalar terrazas ao aire libre.
Cómpre lembrar, ademais, que a praza da Cormelana é un punto que, en determinadas épocas do ano, ten especial afluencia de público en celebracións e actuacións en directo como a do Festival Noroeste Estrella Galicia.
.