O Grupo Socialista denuncia que o Alcalde engana cando fala de subir o IBI 0.6 puntos cando a subida é dun 10 % no recibo. Tamén incide en que a subida de orzamento para o 2025 coincide co aumento de custo de 2 millóns (de momento) do Multiusos e propón medidas de racionalización e reducción de gasto para que non haxa unha subida da presión fiscal tan brusca.
O Grupo Municipal Socialista considera que a consecuencia das políticas ineficientes e despilfarradoras é agora o aumento a presión fiscal. Os socialistas presentarán no Pleno inciativas para racionalizar o gasto e evitar subas de impostos tan elevadas. A máis forte é no IBI, na que supón manipular a realidade falar de que so sube 0.6 puntos cando eso aplícase sobre o valor catastral e se traduce nun aumento dun 10% nos recibos.
Subiron tasas en setembro do 2019, en setembro do 2023 e agora no 2024. Sempre suben as tasas e impostos de xeito moi forte tras pasar as eleccións o que supón unha burla e un fraude aos cidadáns. As actualización hai que facelas de acordo ao gasto, pero primeiro hai que reducir este, e en Oleiros é a consecuencia de mala xestión e de gasto innecesario.
Lembremos que o concello perdeu no 2023 subvencións por 2,6millóns € na Senda de Iñás a Nós e no Mercado de Perillo por ter un «0» en calidade. Comezou 2024 cun Tribunal que lles anulou a adxudicación do contrato de Limpeza Viaria, de 4,5millóns € por «eivas graves na adxudicación e falla de transparencia«. Seguiu co subrecusto de 2millóns € no Multiusos por un problema de auga que xa coñecían. E falando de auga, boa parte da rede é de fibrocemento, material con amianto que é canceríxeno, eten decenas de anos. Cada rotura supón a entrada na rede de contaminantes que bebemos nós e os nosos fillos e fillas. Non é unha prioridade renovala porque non se ve e non da votos, e prefiren malgastar 14 000 000 € nun Multiusos. É o seu capricho e nós os que pagamos a factura da festa.
Lembremos que no 2023 xa subiron varias taxas e agora anuncian nova suba para o 2025. Mentres o alcalde pasea nun BMW oficial sube o imposto aos vehículos dos veciños. Un despilfarro de 40.000€/ano entre chofer e coche, 600.000€ nos 15 anos do vehículo. A suba de impostos tamén vai para pagar ás dedicacións exclusivas dos 13 concelleiros e dos 7 asesores contratados a dedo, outros 800.000€/ano, 2 de cada 100€ do orzamento son para pagarlles.
Os pagos dos contratos máis caros, Limpeza Viaria e Parques e Xardíns tiveron no 2024 reparos do Interventor por non estar acordes á lei.
Deixan sen atención a nenos que precisan Atención Temperá e tamén néganlle a beca comedor a 350 familias de clase media, pero póñense tras da pancarta pedíndolle á Xunta máis medios para a inclusión en educación.
En vez de subir impostos no 2025 deberían racionalizar o gasto: se licitasen obras de mantemento agrupadas en vez de adxudicalas «a dedo troceadas en contratos menores», se eliminasen o coche oficial, 7 asesores e dedicacións da metade dos concelleiros e se alcalde cobrase da Deputación e non do Concello aforrarían máis de 500.000€/ano, suficientes para non aumentar impostos.
Pero seguirán dicindo que todo é idílico en programas de radio que tamén pagamos nós para que o Sr. Alcalde solte as súas fake news ao máis puro e caduco estilo Trump».