Os populares galegos lamentan que a portavoz do BNG preferise afondar en «comparacións que sobran» antes que rectificar a súa postura
O Partido Popular de Galicia esixe a Ana Pontón que rectifique a súa «frívola» postura respecto ao bullying e pida perdón ás familias e á mocidade galega que lamentablemente sofren esta «dramática realidade».
Logo de que a portavoz do BNG empregase esta mañá no Parlamento de Galicia o termo «bullying» para referirse a circunstancias que nada teñen que ver co acoso, os populares galegos inciden en que «hai comparacións que sobran» e esíxenlle respecto ás familias e para os nenos e nenas.
Lamentablemente, Ana Pontón preferiu seguir na súa liña en vez de rectificar e por iso desde o PPdeG piden unha desculpa e reiteran que ante o acoso, en Galicia non caben nin a frivolidade nin a tolerancia.