Rubén Arroxo presenta a XXXIV edición do Festival de Jazz de Lugo

por Redacción Lugo

A nova edición do Festival de Jazz de Lugo terá lugar entre o 1 e o 17 de novembro e contara no cartel cunha importante seleccións de músicos procedentes de Lugo e Galiza.

 O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, participou na presentación do XXXIV Festival de Jazz de Lugo, que se celebrará entre o 1 e o 17 de novembro. Arroxo destacou o Festival de Jazz de Lugo como «unha actividade totalmente consolidada no calendario cultural de Lugo, que este ano chega á súa 34 edición e que fará que a nosa cidade acolla a unha importante selección de músicas e músicos de jazz referentes no panorama galego, estatal e internacional».

A nova edición chega a Lugo con 23 concertos que se celebrarán entre o 1 e o 17 de novembro, e contará cun programa dividido nos tres escenarios habituais – Círculo das Artes, Club Clavicémbalo e Casa do Saber – con músicos procedentes dos Estados Unidos, Lugo, As Canarias, México, Líbano, Italia ou Corea.

Arroxo animou a toda a veciñanza «a desfrutar do mellor jazz nunha que volve un ano máis para continuar a ampliar a programación de calidade que organizamos desde a área de Cultura do Concello de Lugo».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario