Título: Documental «Destruír é o Plan». Preséntase o documental, con coloquio posterior
Autoría: Elaborado por SOS Sanidade Pública Galega
Data: 25/10/2024
Hora: 19:30
Lugar: Sada, na Capela de San Roque (Praza de San Roque)
Coloquio: Presenta Rexina Basadre (médica de familia) e participan Juan Oliver (xornalista de Público) e Ramón Veras (médico de familia)
O documental describe a situación da sanidade pública galega. Pacientes, pais de familia, persoal sanitario, membros de organizacións cidadás, lideres veciñais, xornalistas, lideres políticos, sindicalistas, cargos institucionais etc., informan e explican os problemas relacionados cos recortes e a estratexia de desmantelamento do Sistema Sanitario Público en Galicia, as súas consecuencias para a saúde da poboación e a reacción social e profesional para poñerlle freo.
Móstrase a gran mobilización social en defensa do dereito á saúde en diferentes localidades e as grandes manifestacións en defensa do dereito á saúde e a unha asistencia sanitaria pública de calidade.
Pretende informar sobre aspectos pouco coñecidos da situación, que intereses están detrás da mesma e que actuacións e propostas se presentaron para remediala.
A finalidade última do documental é abrir un gran debate social e profesional que consiga frear a deterioración e desaparición dun dos piares do estado do benestar en Galicia e difundir as propostas das Plataformas SOS Sanidade Pública para poñer remedio á situación.