A Coruña celebra o Día do Comercio Local apoiando aos negocios de proximidade

por Redacción A Coruña

A alcaldesa, Inés Rey, visitou os comercios da rúa Ángel Senra no reparto dos paraugas da campaña ‘Apoia o teu comercio’.

Hoxe, venres 25 de outubro, celébrase o Día do Comercio Local, unha xornada dedicada a poñer en valor o pequeno comercio da cidade e a importancia do seu rol nas nosas comunidades. A alcaldesa, Inés Rey, visitou os comercios da rúa Ángel Senra acompañada pola concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas.

Baixo o lema «Apoia o teu comercio», a campaña inclúe o reparto de 2.000 paraugas entre as persoas que decidan realizar as súas compras nos establecementos locais que participan na iniciativa.

«Grazas ao apoio cidadán, estes negocios manteñen o espírito das nosas rúas e barrios dinamizando a economía das familias coruñesas», sinalou a alcaldesa, que destacou o compromiso do seu Goberno co comercio local promovendo espazos máis accesibles e actividades culturais nos mercados municipais.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario