Arias participa en Lugo nos actos polo Día Mundial do Dano Cerebral Adquirido

por Redacción Lugo

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou hoxe no acto central do Día Mundial do Dano Cerebral Adquirido convocado pola asociación Dano Cerebral Lugo, consistente na lectura dun manifesto na Praza Maior da cidade.

Arias gabou o labor que realiza a entidade e destacou a colaboración do Goberno galego para facilitar unha atención integral aos doentes. Neste sentido, explicou que o Sergas está a implementar un novo proceso asistencial integrado que inclúe plans individualizados de atención por parte de cada especialista implicado no tratamento, así como un plan individualizado de atención global que o profesional responsable poida ir revisando.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario