Inés Rey: “Comprometémonos a seguir traballando para que ningunha persoa afectada polo Dano Cerebral Adquirido quede atrás”

por Redacción A Coruña

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a lectura do manifesto polo día nacional do Dano Cerebral Adquirido, a cargo de Juan Luis Delgado, presidente de ADACECO

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a lectura do manifesto polo día nacional do Dano Cerebral Adquirido (DCA), a cargo de Juan Luis Delgado, presidente de ADACECO. «Hoxe poñemos o acento sobre unha realidade que viven tantas persoas e familias no seu día a día, loitadoras incansables nunha realidade chea de desafíos», sinalou a rexedora.

O manifesto recolle a necesidade de crear un Código DCA ao alta hospitalaria, tal e como reivindican as entidades que traballan co DCA, para proporcionar información clara e precisa sobre o estado de saúde da persoa e facilitar o acceso aos recursos necesarios para unha rehabilitación adecuada e completa.

Rey sinalou que é crucial continuar co rexistro adecuado dos casos de DCA, mellorar a recolección de datos epidemiolóxicos e avanzar nas políticas de sensibilización e prevención para garantir que cada persoa que convive con este dano teña acceso a uns servizos públicos de calidade, especializados e axeitados ás súas necesidades: «Comprometémonos a seguir traballando para que ningunha persoa afectada polo Dano Cerebral Adquirido quede atrás», concluiu.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario