Os populares defenderán no pleno do vindeiro xoves unha iniciativa sobre os servizos básicos da zona rural de Lugo
- No ano 2022 asinouse un convenio entre a Xunta e o Concello de Lugo para dotar de abastecemento á parroquia de Esperante “consideramos que é o momento de dar un paso máis incluindo o servizo de abastecemento”
- Recuperamos este proxecto co obxecto de que “se impulse e que se mellore esta intervención” e así o trasladaremos ao pleno nunha iniciativa que busca “incluir o abastecemento nunha intervención que inicialmente estaba destinada, unicamente, ao saneamento”
- “Quixemos dar un salto cualitativo e, por iso, presentamos esta iniciativa para facer máis con menos” en alusión a que ao executar ambas intervencións en conxunto se reducen os custos, se optimizan os recursos e se reducen as molestias aos veciños.
- Os populares lembran que a competencia en materia de abastecemento/saneamento de augas corresponde aos concellos, pero que a incapacidade de PSOE e BNG para xestionar a capital da provincia impide ata que boa parte do territorio da cidade dispoña destes servizos básicos, ao que se xunta o desmantelamento da brigada de augas e a deficiente solución das avarías.
- O Partido Popular xa intentou en outras ocasións, sendo Barreiro conselleiro de Medio Ambiente, dotar de saneamento á zona rural, cun preacordo co entón alcalde López Orozco.
- A presión veciñal e o labor político da oposición levaron ao goberno bipartito a anunciar, en reiteradas ocasións, intervencións para dotar de saneamento á parroquia de Esperante, anuncios que non foron acompañados de feitos, na habitual lentitude inaceptable pola sua parte.
- Os populares queren lembrar que, mentres outros partidos soamente reclaman ás administracións onde os seus compañeiros non gobernan, o grupo municipal do Partido Popular entende que a Xunta ten que impricarse tamén na ampliación diste proxecto, reclamándolle á administración autonómica que participe do mesmo