321 corredores de 18 países disputarán as probas máster do Campionato de Europa de Ciclocrós en Pontevedra

por Jorge García

Coa inscrición pechada e a menos dunha semana para a disputa da competición, xa se coñece a listaxe final de participantes máster no Campionato de Europa de Ciclocrós na Illa das Esculturas de Pontevedra. Un debut da categoría ao grande, cunha moi boa aceptación e que poñerá en liza os primeiros títulos continentais.

O vindeiro venres 1 de novembro, as probas máster serán as encargadas de inaugurar o Campionato de Europa de Ciclocrós. Un total de 321 corredores inscribíronse para participar no debut destas categorías na competición, e as probas iniciaranse ás 10h cos máster masculino 65+; e as máster mulleres 50+.

Despois ás 11h será a quenda dos máster masculinos 55 e 60; e as máster mulleres 35, 40 e 45. Ás 13:30h tomarán a saída os máster masculino 45 e 50; mentres que o peche ás 15h corresponde aos máster masculino 35 e 40.

Un total de 18 países europeos terán representación nas categorías máster do Campionato de Europa de Ciclocrós. Haberá ciclistas de España, Portugal, Francia, Suíza, Reino Unido, Países Baixos, República Checa, Italia, Bélxica, Polonia, Eslovaquia, Alemaña, Irlanda, Suecia, Estonia, Luxemburgo, Noruega e Dinamarca. Toda unha oportunidade para gozar da proba, pero tamén da marabillosa cidade de Pontevedra.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario