A Feira do Mel que organiza todos os anos o Concello de Oleiros en Perillo foi hoxe protagonista no 25º Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebrará nas instalacións de Expourense (Ourense) durante esta fin de semana. A docente de cociña do Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, xunto co alumnado, realizou unha demostración de diversos pratos que contaron con mel na súa elaboración e que fixeron as delicias das numerosas persoas que se achegaron ata o posto informativo.
No espectáculo de cociña en vivo estivo presente o alcalde, Ángel García Seoane; e a concelleira de turismo e promoción económica, Teresa Vázquez Maseda.
A XXXIV edición da Feira do Mel que terá lugar o vindeiro domingo 3 de novembro na polideportiva cuberta da II República en Perillo, entre as 10 e as 15 horas, coa participación de 41 apicultores de toda Galicia.