Socialistas e nacionalistas votaron en contra de debater de urxencia unha iniciativa do Grupo Popular para reclamar ao Ministerio que convoca a mesa de seguimento como reclaman os traballadores atendendo ao acordo
- O goberno provincial negouse a tratar unha proposta coa que urxir a convocatoria da mesa de seguimento que tiña que ter convocada o Ministerio antes do 30 de setembro e que permitiría «estudar a proposta de acordo entre Alcoa e Ignis» para respaldar as operacións na Mariña
- Os populares reclaman para Alcoa «o mesmo trato» por parte do Goberno que para outras empresas consideradas estratéxicas polo Estado polo que esixían axudas para a modernización da planta e de compensación por compra dos dereitos de emisión de CO2 indirecto -aumentando ata o máximo permitido pola normativa europea-
- Tamén urxen ao Goberno de Sánchez a «autorizar os parques eólicos vencellados á produción de enerxía para a factoría mariñá a prezos competitivos»