A Deputación da Coruña abre o prazo de candidaturas para o III Premio ‘Xoán Vicente Viqueira’ de investigación en ciencias sociais, humanidades, sustentabilidade e innovación

por Redacción A Coruña

Hai tres categorías diferentes, dotadas con 6.500 euros de premio para cada unha delas.

A Deputación da Coruña publicou hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as bases da III edición premio ‘Xoán Vicente Viqueira’ de investigación en ciencias sociais, humanidades, sustentabilidade e innovación.

O obxectivo deste certame é o de recoñecer a actividade de investigación e innovación levada a cabo por persoas ou entidades que teñan destacado nos ámbitos das ciencias sociais e humanidades.

Así, poderán propor candidaturas todas as persoas físicas ou xurídicas que realicen actividades de investigación e innovación no ámbito das ciencias sociais e humanidades. Tamén poderán facer propostas de candidaturas as persoas que formen parte do xurado ou calquera socio do Instituto Xoán Vicente Viqueira. 

As citadas candidaturas deberán propor a unha persoa ou entidade ligada a proxectos que se desenvolvan ou relacionen coa investigación e innovación no ámbito das ciencias sociais e humanidades e que teñan a súa residencia ou sede social no territorio español. Non estarán admitidas as autocandidaturas. 

As bases establecen que se poderán un período de presentación de candidaturas desde o luns 4 de novembro ata as 14:00 horas do luns 30 de decembro do 2024. Estas solicitudes presentaranse a través da plataforma SUBTEL, de tramitación electrónica da Deputación.

Tres premios

Nesta edición establécense de novo tres premios para cada unha das modalidades. A primeira delas é o premio á traxectoria de vida adicada á investigación nalgún dos ámbitos das ciencias sociais, as humanidades, a sustentabilidade e a innovación social ao longo dos últimos 30 anos. A segunda, o galardón á innovación científica nalgún dos ámbitos das ciencias sociais, as humanidades, a sustentabilidade e a innovación social. A última delas premia a calidade dun dun traballo de investigación realizado por unha persoa investigadora nova nalgún dos ámbitos das ciencias sociais, as humanidades, a sustentabilidade e a innovación social. Cada unha destas categorías está dotada con 6.500 euros.

A terceira edición destes premios conmemora a memoria do filósofo, psicólogo e escritor Xoán Vicente Viqueira Cortón. Xoán Vicente naceu en Madrid no 1886, pero viviu ata os 12 anos en Vixoi (Bergondo), e foi unha persoa que desenvolveu investigacións no eido do pensamento filosófico e apostou progreso da educación, sempre co galego por bandeira.

Podes consultar as bases completas no seguinte enlace: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/10/30/2024_0000007614.html

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario