Movemento Sumar Galicia celebrará en Santiago de Compostela a súa Asemblea Xeral o vindeiro 23 de novembro

por Redacción Galicia

As asembleas comarcais envían case un cento de emendas aos documentos a debate A dirección saínte aposta por «unha única candidatura que impulse o espazo transformador en Galicia.

A Comisión Permanente de Movemento Sumar Galicia, órgano transitorio executivo, vén de convocar oficialmente a celebración da Asemblea Xeral de Movemento Sumar Galicia, con carácter constituínte, que se celebrará o próximo 23 de novembro na Edificio Sur da Facultade de Ciencias da Educación da Universidad de Santiago de Compostela.
Xa o pasado mes de setembro a Comisión Promotora aprobara por unanimidade o texto político, o texto organizativo e código ético, que foi sometido a debate nas distintas agrupacións comarcais da organización durantes as últimas semanas, con case un cento de emendas. Segundo o Portavoz en funcións de Movemento Sumar Galicia, Paulo Carlos López, «as achegas están a enriquecer os textos e definindo o papel que a nosa organización quere ter no noso País e tamén como colaborar e achegar ideas para a gobernabilidade do Estado». Na propia asemblea está confirmada a participación da deputada Verónica Martínez Barbero e do deputado Manuel Lago.
Segundo o calendario da I Asemblea Xeral constituínte de Movemento Sumar Galicia, estas emendas serán ditaminadas na xuntanza extraordinaria do día 16 da Promotora, onde se emitirá un ditame sobre

ditas emendas. Estas poderán aceptarse, rexeitarse ou proporse unha transacción.
Candidaturas
A Asemblea Xeral Constituínte elixirá 30 membros para formar a Coordinadora Nacional a través de listas que deberán encabezar a/o Secretario Xeral no número 1, e a/ o Presidenta/Presidente no número 2 . A elección farase por medio candidaturas pechadas, que deberán contar cunha lista de titulares igual ao número de postos a cubrir máis un mínimo de 3 suplentes, e deberá contar, polo menos, cun 50% de mulleres. O prazo para presentar candidaturas será o próximo 15 de novembro. O portavoz en funcións, Paulo Carlos López, aposta por «unha única candidatura que impulse o espazo transfomador no noso País, e que traballe por consolidar Movemento Sumar Galicia no territorio, que apoie o labor das deputadas galegas de Sumar no Congreso e que apoie a Yolanda Díaz e aos ministerios de Sumar nas políticas revolucionarias de dereitos laborais e sociais que se levando a cabo dende o Goberno do Estado».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario