Os socialistas respaldan a demanda da corporación para que se manteña o cuartel da Garda Civil, pero apuntan que o Concello taméndebe contribuir na mellora da seguridade creando un servizo de Policía Local, do que dispoñen outros concellos de tamaño similar.
A Agrupación Provincial Socialista da Coruña comprende erespalda a preocupación do alcalde de Curtis pola seguridade, pero insta a Javier Caínzos a poñer en marcha un servizo de Policía Local.
O corporación municipal aprobou recentemente de xeito unánime unha iniciativa instando aomantemento do cuartel da Garda Civil, unha petición que os socialistas suscriben, xa que a consideran “lexítima e comprensible, polo que conta co nosoapoio”.
“Pero temos que lembrarlle ao alcalde que hai otros concellos na provincia da Coruña con menos poboación que Curtis que contan cun servizo de Policía Local”, sostén o PSdeG Provincial.
Os socialistas consideran que “a seguridade dos veciños e veciñas é responsabilidade de todas asadministracións, tamén do Concello, e a Policía Local é un servizo municipal que se debe implantar en Curtis para mellorar distintas cuestiónsrelacionadas coa seguridade, o tráfico e a atención áveciñanza”, apuntan.