O Concello da Laracha solicita a colaboración cidadá na recollida solidaria de alimentos non perecedoiros (latas de conservas, auga, leite, alimentos infantís, etc) e de produtos de hixiene persoal, doméstica e infantil con destino á Comunidade Valenciana para cooperar coas vítimas da DINA.
A partir do luns poderanse entregar no Edificio de Servizos Múltiples (Avenida López Astray, A Laracha).