Carme da Silva solicita a Albares aproveitar o contexto actual, onde o Estado español ten a presidencia do Consello Asesor da UNRWA, e adopte un papel activo para que o Estado de Israel non efectúe estas leis.
De entrar en vigor os dous textos lexislativos, trataríase dun precedente moi perigoso, tendo en conta que un Estado membro da ONU estaría vulnerando as normas das Nacións Unidas expulsando de forma unilateral a unha axencia do organismo, alerta a senadora do BNG.
O BNG reitera a necesidade de exixir a Israel o cese fogo para rematar co xenocidio que está a cometer sobre o pobo palestino.