Galiza, o corazón verde do brota Sanívoros

por Redacción Galicia

“Estar rodeados de verde e alimentarnos de alimentos naturais equilíbranos e mantennos sans e vitais por máis tempo”

O segredo para unha vida con B de Boa, téñeno en Sanívoros. A sabiduría deste proxecto, xorde e triunfa na verde Galicia: “Galicia é exuberante na súa natureza e isto, sen dúbida, favorece a Boa Bida en tódo los sentidos. O verde é máis que saúde. É a cor do noso chakra corazón… A frecuencia do verde é representada por Venus, a fertilidade, a comunicación coa natureza, a saúde e a conexión co cosmos…”, explica o responsable deste proxecto de Bida sana e autor de ‘El Alimento del Cuerpo. Libro I del Manual para para la [Bi]da, [Bi]bir y [Bi]birse’.

Naturalmente, desde Sanívoros destacan os productos da Galicia tradicional: “Estar rodeados de verde e alimentarnos de alimentos naturais que a terra nos ofrece con esa cor verde intensa equilíbranos e mantennos sans e vitais por máis tempo… Todo o que proceda da terra e do mar, que non fora procesado manténdose fresco ata o momento do seu consumo, son por regla xeral alimentos naturalmente sans”.

O SEGREDO DA LONXEVIDADE

“Nalgunhas zonas rurais, como por exemplo Ourense, escóndese o segredo dunha das comarcas máis lonxevas do mundo. No seu estilo de vida atópanse claras semellanzas coas que antigamente practicaban os okinawenses, en Xapón. Alí, moitos cultivan e comen soamente seus propios vexetais, de orixe orgánica e libres de pesticida; seguindo polo menos tres principios básicos: que os alimentos sexan naturais, locais e de tempada. Recuperar esa sinxeleza devolveríanos á esencia dun pobo e tradición moito máis alineada coa saúde e a lonxevidade”.

Dende Sanívoros destacan o modo de vida da xente que “traballa dende curta idade e non deixan de facelo mentres son capaces de seguir”. Da súa mirada “aos pobos onde máis centenarios habitan”, extraen o valor da loita contra o sedentarismo para “manternos sans e vitais por máis tempo”. E engaden: “Así mesmo, manter unha vida socialmente activa, andar, bailar, practicar o contacto coa natureza… son actividades que impulsan e alegran a ‘Bida”.

DA TEORÍA Á PRÁCTICA

Precisamente para probar as bondades de seguir as bases para unha vida con B de Boa e por en práctica a guía que é o seu manual no entorno no que naceu, xorde SANÍvoros (C)alma: “Un destino para a ‘Boa Vida’ nun lugar perfecto para o nómada moderno, cunha selección de experiencias únicas nun dos lugares máis fermosos do mundo, situado en pleno corazón das Rías Baixas”.

E para, xa na casa, seguir disfrutando do segredo da tradición galega para unha Bida con B de Boa, dende Sanívoros conclúen que basta vivir “conforme á nosa natureza e sostemos que para facelo non hai necesidade de usar ningunha pócima ou elixir secreto máis alá dos que sincera e coherentemente se expoñen no libro Sanívoros dedicado ao ‘Alimento do Corpo”.

‘Sanívoros’ está á venda en Bubok y Amazon.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario