O Grupo Popular asegura que a demanda de alumnado de portugués na Escola de Idiomas de Lugo está cuberta e existen prazas libres

por 21 Noticias

. O portavoz de Lingua do Grupo Popular, José Luís Ferro, asegurou hoxe no Parlamento de Galicia que “toda a demanda existente de alumnado que estuda ou quere estudar portugués na Escola Oficial de Idiomas de Lugo está cuberta” e asegurou que, “unha vez pechado o prazo de matrícula para o presente curso, quedan prazas libres en todos os grupos”.

José Luís Ferro explicou que “a oferta ordinaria de niveis de portugués na Escola Oficial de Idiomas de Lugo non se viu reducida respecto ao pasado curso, ofertándose niveis A2, B1, B2, C1 e C2 que dan continuidade ao alumnado do curso pasado dos distintos niveis”. “O que se fixo foi optimizar a oferta conforme á demanda real e á vista de que nestes anos o alumnado non medrou”, apuntou.

Na actualidade, a EOI de Lugo conta con dous docentes con destino definitivo da especialidade de portugués, “o que supón unha plantilla de persoal docente suficiente para cubrir os 8 grupos que actualmente contan con matrícula”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario