No encontro que mantivo hoxe co alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, e o seu equipo, a número dous dos populares galegos explicou que este é un dos 13 alcaldes máis novos da formación. Ao que se engade que os dous deputados máis novos do Parlamento de Galicia –Nicole Grueira e Raúl Santamaría– e o segundo máis novo do Congreso –Juan Andrés Bayón– son do PPdeG.
«Apostamos pola mocidade e por iso a mocidade elixe sempre a nosa papeleta», afirmou ao tempo que poñía en valor a estabilidade e o compromiso coa veciñanza que fan tamén do PPdeG «o partido que máis se parece a Galicia».
Logo dos seis meses transcorridos desde a chegada de Gonzalo Louzao á alcaldía da Estrada, Prado puxo en valor que a agrupación local do partido foi «un exemplo de unidade» no proceso de transición logo dos 13 anos de liderado e maiorías absolutas do anterior alcalde e hoxe responsable de Cultura, Lingua e Xuventude do Goberno galego, José López Campos.
«A Estrada non só é un concello referente de talante democrático e de implicación da veciñanza na toma de decisións grazas á dedicación e ao traballo de Louzao e o seu equipo, senón que ademais representa á perfección o que significan as nosas siglas», concluíu sinalando á unidade, á estabilidade e a proximidade como sinais de identidade dos populares galegos.
UN CONCELLO QUE SEGUE NAVEGANDO CARA O SEU DESTINO
Pola súa banda, o rexedor estradense tamén quixo destacar que, seis meses despois de «afrontar a responsabilidade de capitanear un dos concellos máis importantes da provincia de Pontevedra e de Galicia», el e o seu equipo foron quen de «demostrar a través de traballo» que «un gran transatlántico como o Concello da Estrada pode seguir navegando cara o seu destino».
Reivindicando o seu compromiso por dar cumprimento ao programa electoral co que o partido obtivo a confianza maioritaria da cidadanía nas pasadas eleccións municipais, Louzao sinalou a importancia do compromiso de outras administracións como a Deputación provincial ou a Xunta de Galicia á hora de «dar forma á transformación necesaria e esperada do concello».
«O Goberno de Alfonso Rueda amosa nos seus orzamentos para 2025 un compromiso claro coa Estrada a través de investimentos concretos en grandes eixos estratéxicos como son as comunicacións, a vivenda e o solo industrial. Algo que redundará en maiores oportunidades de emprego e no desenvolvemento empresarial do noso municipio», concluíu.
A secretaria xeral do Partido Popular d Galicia, Paula Prado, afirmou hoxe que se o seu partido é «o partido da mocidade galega» e a opción electoral preferida pola xuventude é porque ofrece unha voz e unha representación aos máis novos en todos os ámbitos de decisión.