Aberto o prazo para inscribirse na Campaña da Neve 2025 da Deputación da Coruña

por Redacción A Coruña

A campaña de esquí desenvolveranse entre o 10 de xaneiro e o 17 de febreiro na estación invernal de Valgrande-Pajares, en Asturias

A área de Deportes da Deputación da Coruña organiza, entre o 10 de xaneiro e o 17 de febreiro de 2025, diversas viaxes á estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias) para impulsar a práctica do esquí entre a mocidade de 11 a 15 anos de idade dos municipios coruñeses. Poderán participar un total de 600 nenos e nenas de toda a provincia, que se repartirán en seis quendas de catro días de duración cada unha.

Con esta campaña, a institución provincial pretende «que os rapaces e rapazas da provincia da Coruña poidan iniciarse ou perfeccionar as súas habilidades no esquí, ao mesmo tempo que participan noutras iniciativas deportivas e culturais organizadas de xeito complementario», indicou o deputado de Deportes, Antonio Leira.

As viaxes terán un custe de 85 euros e inclúen transporte, estadía de catro días na estación de Valgrande-Pajares, clases de esquí, monitores, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados. Terá prioridade na inscrición a rapazada que nunca fora a ningunha campaña de neve da Deputación.

Desde a institución provincial recoméndase aos e ás asistentes que leven consigo gorro, luvas, gafas de esquí e de sol, anorak térmico, pantalón impermeable ou similar, roupa de rúa e deportiva, chuvasqueiro, mochila pequena, útiles de aseo, pixama e crema solar.

Inscrición aberta nos Concellos ata o 2 de decembro

Os interesados e interesadas en participar deberán presentar no seu Concello a ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titores do solicitante, fotocopia da tarxeta sanitaria e do carné de identidade e copia do aboamento da cota de inscrición (unha vez a praza estea confirmada).

O prazo para apuntarse xa está aberto e remata o 2 de decembro de 2024.

No caso de que se soliciten máis prazas das dispoñibles, os concellos procederán a sortear as mesmas entre os e as solicitantes.

A ficha de inscrición e toda a información correspodente á Campaña de Esquí 2024 pódese descargar da páxina web da Deputación da Coruña

https://www.dacoruna.gal/files/8617/3089/7866/Campana-Neve_2025_Ficha_Inscricion.pdf

Quendas

As quendas por concellos desenvolveranse nas seguintes datas:


1ª QUENDA(do 10/01/2025ao 13/01/2025)
Abegondo, Aranga, Arzúa, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Cabanas, Coirós, Curtis, Frades, Irixoa, Melide, Mesía, Miño, Monfero, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, Santiso, Sobrado, Toques, Vilarmaior e Vilasantar.

2ª QUENDA
(do 17/01/2025ao 20/01/2025)
Arteixo, Cambe, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.

3ª QUENDA
(do 24/01/2025ao 27/01/2025)
Ares, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño.

4ª QUENDA
(do 31/01/2025ao 3/02/2025)
Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Cerceda, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Muxía, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo e Zas.

5ª QUENDA
(do 7/02/2025ao 10/02/2025)
Boiro, Brión, Dodro, Lousame, Mazaricos, Muros, Negreira, Noia, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e Rois.

6ª QUENDA
(do 14/02/2025ao 17/02/2025)

Ames, A Baña, Boqueixón, Ordes, Oroso, O Pino, Santiago de Compostela, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra.
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario