Secundino Fernández anima á veciñanza a participar na charla informativa sobre Altri que terá lugar este en Palas de Rei

por Redacción Lugo

O deputado do BNG animou á veciñanza «a asistir a esta charla para coñecer a repercusión que este proxecto ten no país».

O portavoz da comisión de agricultura  do BNG no Parlamento Galego, Secundino Fernández, animou ás veciñas e veciños de  Palas de Rei a acudir á charla informativa sobre o proxecto de planta de celulosa que a multinacional portuguesa Altri planea instalar no concello de Palas de Rei. Fernández intervirá nesta charla xunto con Rubén Lois, veciño de Palas de Rei e  catedrático en Análise Xeográfica, que afondará nas implicacións que o proxecto terá para para o camiño de Santiago na comarca da Ulloa no resto de concellos de Lugo e de Galiza.

As persoas asistentes poderán coñecer mellor as implicacións da implantación do megacomplexo industrial de Altri, e os efectos que terá en todo o territorio galego, ademais do impacto negativo que terá sobre a actividade económica e no emprego nas zonas no noso país.


“Pretenden instalar en Galiza unha fábrica contaminante que non queren en Portugal”, denunciou o deputado, advertindo do “enorme impacto territorial, no tecido socieconómico” non só en Palas de Rei, senón en todos os lugares por onde o camiño de Santiago pase pois ninguén vai querer vir a a facer un camiño onde te atopes con unha cheminea de 75m de altura e con uns cheiros que afectan a varios km.

A perda de prestixio da DO Queixo Arzúa Ulloa e Tetilla, a valorización negativa das granxas ou a contaminación atmosférica e das augas “repercutindo de xeito negativo sobre as terras, o turismo e a restauración” foron outros dos riscos sinalados por Fernández

“Temos que pensar nos miles de familias que traballan e viven do sector agrogandeiro,temos que pensar nas miles e miles de mulleres e homes que viven nas parroquias desta comarca e que loitan por manter un medio rural vivo” manifestou o deputado nacionalista



“En vez de axudar a estes proxectos o Goberno do PP leva anos impedindo que se poida culminar a concentración parcelaria en zonas afectadas polo proxecto de Altri”, denunciou o portavoz parlamentario, que advertiu así mesmo da demanda de eucalipto que exixirá a fábrica de Altri, exercendo -dixo- aínda máis presión sobre as terras agrarias e reducindo a superficie agraria últil.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario