Un informe de Ecoloxistas en Acción alerta sobre a alta contaminación por nitratos que sufren as augas superficiais da comarca do Deza

por 21 Noticias

O exceso de nitratos nas masas de auga provoca grandes cambios ecolóxicos que acaban reducindo a calidade da auga. A achega de nitróxeno ás augas superficiais leva consigo unha maior eutrofización co consecuente aumento da masa vexetal e a actividade bacteriana que consome gran parte do osíxeno e por tanto a asfixia de moitos organismos.

Aínda que a deposición do xurro (esterco líquido ou semilíquido, con forte cheiro amoniacal, resultado da mestura das defecaciones, augas de lavado e restos de pensos) está cumpridamente regulada, debido ao seu gran contido en auga os custos de transporte encarécense e non é estraño observar grandes aplicacións de xurro nas inmediacións das instalacións da industria cárnica, superando a capacidade de absorción de nutrientes do chan pola alta carga gandeira. Isto ten como consecuencia a infiltración de nitratos e outros contaminantes nas augas subterráneas, causando un gran problema de saúde humana.

Os efectos tóxicos producidos por un exceso de nitratos nas augas poden causar a formación endóxena de N-nitrosocompuestos. Os N-nitrosocompuestos son axentes teratóxenos, mutáxenos e probables carcinóxenos, altamente perigosos para a saúde humana. Un estudo publicado no «International Journal of Cancer», suxire unha asociación entre o risco de cancro colorrectal e cancro de próstata coa inxesta de nitrato na auga.

A comarca do Deza ten unha alta concentración de granxas de gandería industrial porcina e bovina. Esta alta carga de gandería industrial e o uso dos xurros e outros fertilizantes usados como abono para a agricultura son a orixe nesta comarca da extendida contaminación das augas polo exceso de concentración de NO3  detectado na recollida de mostras realizada por Ecoloxistas en Acción.

A organización ecoloxista analizou, entre os meses de agosto e novembro do 2024, a concentración de nitratos nas augas superficiais nun total de 80 puntos da comarca do Deza. Unha mostraxe que abrangue unha área de 70 km2

Os resultados do informe alertan que só un 19 % das augas superficiais mostreadas da comarca do Deza están fóra de perigo, xa que un 40,47 % atópanse na categoría de probables, alcanzando niveis superiores aos límites permitidos (≥25 mg/l NO3) e un 40,47 % na categoría de sospeitosas (≥10 mg/l NO3). 

Partindo sempre de Lalín percorreuse os roteiros Silleda-Lalín, Dozón–Lalín, Rodeito–Lalín, A Golada–Lalín para toma de mostras. Resaltan que as diferenzas entre os valores das catro áreas estudadas débense á concentración da gandería nunhas determinadas zonas e ao tipo de gandería. Así zonas como Silleda- Lalín, Rodeiro-Lalín ten unha elevada concentración de nitratos, xa que son zonas de alta concentración de gandería porcina, mentres que Dozón-Lalin e A Golada-Lalín a concentración de nitratos decrece debido a que se concentra outro tipo de gandería. 

A pluviosidade é un factor importante, xa que escorrentía ou filtración debida a nitratos afecta ou pode afectar as augas superficiais e subterráneas. Valores altos en momentos de intensa pluviosidade indican arrastre de nitratos cara a augas superficiais. Debido á alta concentración e ao arrastre de nitratos cara a augas superficiais, Ecoloxistas en Acción esixe á Xunta de Galicia a que cumpla coas directivas europeas e declare á comarca do Deza como ZONA VULNERABLE DE NITRATOS.

«É urxente que o goberno galego declare o Deza como zona vulnerable e limite a carga gandeira porque a contaminación por alta concentración por nitratos, ademais de afectar ao auga de boca ou de rego,  alcanza a Zonas ZEC e Zona Prioritarias para Avifauna, co consecuente impacto para a perda de Biodiversidade, xa que a elevada contaminación afecta á saúde do ecosistema», denuncia o voceiro de Ecoloxista sen Acción. Ademais a organización ecoloxista asegura que emprenderán medidas legais contra a Xunta de Galicia se está non actúa para limitar a carga gandeira e controlar a xestión dos xurros.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario