Os valores do 25-N están presentes en partidos disputados polos Ensino, o Emevé, o Burela FS e o FSF Castro co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte.
A Xunta promove unha campaña de promoción e sensibilización do deporte feminino en colaboración con catro equipos lucenses que compiten na máxima categoría nas súas respectivas disciplinas.
A iniciativa está enmarcada na programación de actos con motivo do 25-N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, cada club adica un partido a sensibilizar sobre a igualdade e a poñer en valor o deporte feminino.
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou hoxe nos actos de presentación dos próximos encontros que disputarán o Emevé e o Ensino dentro desta campaña.
Así, os valores do 25-N estarán presentes o sábado 23 de novembro no enfrontamento entre o Club de Voleibol Emevé e o Chamberí (ás 18,00 horas no pavillón municipal) e no partido da Liga Feminina de Baloncesto que medirá ao Ensino co Uni Girona o domingo 24 (12,30 horas no Pazo dos Deportes).
Tamén formaron parte desta programación os encontros da Primeira División Feminina de fútbol sala que disputaron o pasado sábado o Burela FS co Melilla e o FSF Castro co Les Corts.
Arias destacou o papel do deporte para favorecer principios como a igualdade, a tolerancia e a integración. Tamén salientou a importancia de seguir traballando desde todos os ámbitos para erradicar a violencia contra as mulleres.