O PP de Monforte confirma que “a nula preocupación” de Tomé por dotar de subministro de auga a todo o municipio demóstrase coas empresas que non teñen servizo no polígono do Reboredo

por Redacción Lugo

Katy Varela explica que a dirección dunha empresa situada nesta área industrial “cansa” de ver como non se lle dota deste servizo básico, que solicitaron hai 20 meses, colgou un cartel na fachada do seu edificio denunciando a situación aos que os somete José Tomé.

Os concelleiros do PP de Monforte denuncian, unha vez máis, problemas co subministro e auga potable no municipio, “unha competencia exclusiva do goberno local que, queda claro, néganse a atender de xeito adecuado”.

Katy Varela explica que nesta ocasión o problema afecta a Prodeme, unha asociación do eido social, que construíu varias naves no polígono de Monforte para as que solicitaron a conexión á rede de auga municipal hai máis de 20 meses pero que “a día de hoxe aínda non teñen este servizo básico”.

De feito, dende a dirección da asociación “cansos deste trato aos que os somete o alcalde José Tomé” colgaron un cartel na fachada dunha das naves para denunciar a situación. “No cartel pode lerse: Estamos sen auga da traída municipal”.

Unha triste realidade que se comparte con outra situación “preocupante” como é a falta de presión de auga nesta área industrial de Monforte. De feito, empresarios do polígono confirmaron problemas habituais derivados desta falta de presión, así como que as bocas de incendios “atópanse sen sinalizar e moitas non funcionan”. “Oxalá non teñamos que lamentar desgracia algunha no caso de que sexa necesario empregar estas bocas para emerxencias”, sinalan.

Un problema que se engade aos habituais no casco urbano, así como nas parroquias, onde os cortes nos subministro polas roturas das tubaxes, así como a ausencia de conexión á rede “son problemas cos que temos que convivir os monfortinos a diario”. “Queda patente que para Tomé a auga non é un asunto prioritario, xa que do contrario tería dotado de saneamento e abastecemento a aquelas zonas que carecen destes servizos básicos, así como renovaría a rede para evitar roturas”, denuncian.

PRODEME

A asociación Prodeme ten como finalidade a atención ás persoas discapacitadas, labor que levan desempeñando durante moitos anos, unha labor que realizan con moita dedicación. Ademais dan traballo a mais de 30 persoas na actualidade e, coa apertura da nova residencia para a atención a persoas maiores de familiares discapacitados, está prevista a creación doutros 30 postos máis, quedando preto do cento de profesionais contratados,

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario